[Trisquel-misc] Benvidos os foros e listas de correo de Trisquel

Trisquel trisquel en fcou.uvigo.es
Sab Sep 23 01:07:10 CEST 2006


Ola a todos, e benvidos as listas de correo de Trisquel (e os foros asociados). Creáronse catro listas, que funcionan da seguinte maneira:

Trisquel-anuncios: os usuarios da lista recibirán un correo sempre que saia publicada unha nova versión de trisquel, haxa cámbios ou novas de importáncia, ou se descubran fallos de seguridade de carácter grave. O contido reflecte maiormente o da portada da web. Pode ser acedida libremente, pero no acepta mensaxes dos usuarios. Podes darte de alta ou consultar os envios vellos.

Trisquel-usuarios: Reflexa o contido do foro "Trisquel GNU/Linux" da web do proxecto. É de temática libre (técnica, filosófica, de axuda e soporte...) dentro do tema da distribuición Trisquel GNU/Linux. Non está moderado a priori. Podes darte de alta ou consultar os envios vellos.

Trisquel-misc: Reflexa o contido do foro "Miscelanea" da web do proxecto. É de temática aberta, sempre dento do marco do Software Libre. Non está moderado a priori. Podes darte de alta ou consultar os envios vellos.

Trisquel-devel: É para a discusión de temas técnicos entre os desenvolvedores, non se reflexa en ningun foro, e precisase permiso para asociarse e publicar contido. Podes consultar os envios vellos.

Trisquel-usuarios e Trisquel-misc estan asociados respectivamente os foros "Trisquel GNU/Linux" e "Miscelanea", o que significa que todo o contido dos foros envíase á lista, e viceversa. Resulta indiferente acceder ou enviar o contido a traveso da web ou do correo electrónico.

Todas estas listas e foros serán bilingues en galego e castelán, polo que prégase respeto á 

----------------------------------

Persoalmente, e como presentación; chámome Rubén Rodriguez, e son o director do Proxecto Trisquel. O meu correo electrónico é ruben en trisquel.uvigo.es, o meu jabber é quidam en jabberes.org. Estou normalmente na canle #trisquel do irc hispano e de freenode, co nick [quidam]. 

Saúdos a todos.


More information about the Trisquel-misc mailing list