[Trisquel-misc] Axuda cun portatil antigo :)

beldar beldar_5_ou en hotmail.com
Lun Mayo 28 01:27:07 CEST 2007


   Saudos a todos!
    Son Beldar un estudante de informatica da Universidade do Ourense. Queria saber si me podiades botar unha man cun pc que teño e queria actualizar algo, dentro do posibel, xa que é un pentium I con 32Mb de RAM, 2 Gb de disco duro e desgraciadamente con windows 95. O problema é que queria meterlle unha distribución linux pequena, adaptada a portatiles si puidera ser e encontrei algunhas como Damn Small Linux ou Guadalinex Mini que segun mirei estaban bastante ben ainda para ser distros pequenas.
    Nembargantes non sei como facer para instalar a distro xa que o portatil só ten un lector de cd. E non hai modificacion posible na bios para que arranque co cd é non podo formatear o disco duro e instalar a distribucion de linux que queira. 

    Alguén ten algunha idea??? 

    Grazas pola axuda e perdonade polo toston!! Saudos, Beldar.


Más información sobre la lista de distribución Trisquel-misc