[Trisquel-usuarios] conservar home con

xosemanuelcarreira en gmail.com xosemanuelcarreira en gmail.com
Jue Jul 31 13:38:01 CEST 2008


-Poñer todos os ficheiros (ocultos incluídos) do /home a "bon recaudo". Se
é partición separada "por se acaso", caso contrario "por necesidade".
-Instalar o 2.0 con partición separada para o /home. ---Se xa estaba en
partición separada, que a partición home-anterior teña o punto de montaxe
en /home da nova instalación--- -Cando che pida datos para usuario, que sexa
diferente aos anteriores, porque o usuario creado na instalación é o que
ten por defecto os dereitos de administración do pc. Será a súa
contrasinal a que che pedirá, no seu caso. A conta de root está desactivada
por defecto na nova versión. -Unha vez instalado, se o home-anterior non
estaba en partición independente, copiar/pegar os ficheiros do home-anterior
no novo /home. Crear usuarios cos nomes (e supoño que contrasinais) dos
anteriores. Se tomarán os datos do cartafol do usuario respectivo que é
donde están as configuracións personais de cadaquén. Trisquel 2.0 disque
está baseada en ubuntu; as anteriores directamente en debian; non sei si eso
supoñerá algún desaxuste (ben que o poiden mirar se me chego a dar conta
antes de borrar os meus usuarios anteriores pero ...) P.D.: Ter o /home en
partición independente é moi boa cousa :-)



Más información sobre la lista de distribución Trisquel-usuarios