[Trisquel-usuarios] sesion como root
Trisquel
trisquel en fcou.uvigo.es
Mie Ene 31 20:37:04 CET 2007
Resposta curta: Non podes :)
Resposta longa:
O usuario root non precisa usar o sistema gráfico, e ademais isto resulta totalmente desaconsellable. Se queres executar unha aplicacion como root (con coidado), abre unha terminal, e executa o comando "su". Isto concédeche os privilexios de root ata que executes "exit". Unha vez que sexas root na terminal, podes executar o comando que queras.
Se non es capaz de iniciar a sesión gráfica, podes iniciar unha sesión de terminal premendo Ctrl+Alt+F1. Isto lévate a terminal numero 1 (Se en vez de premer F1 premes F2, pois vas a numero dous. Tes 6 terminais; a número 7 e o sistema gráfico)
Se o premer dita combinación ves unha barra amarela de avance, preme calquer tecla para continuar.
Unha vez que inicies a sesión de terminal, podes executar os comandos que precises para arranxar o sistema.
Se prefires non seguir o consello, e iniciar a sesión como root, podes eliminar a "prohibicion" deste xeito: preme no menú de inicio > Escritorio > Administración > Fiestra de entrada. O programa que aparece tras introducir a contrasinal de root permite configurar o xestor de login. Na pestaña "Seguranza" activa "Permitir a entrada local ó administrador do sistema".
Más información sobre la lista de distribución Trisquel-usuarios