[Trisquel-usuarios] drivers de fonte pechada
Trisquel
trisquel en fcou.uvigo.es
Lun Ene 22 13:34:54 CET 2007
Dende o noso punto de vista, o uso de software libre basease en principios éticos, que podense ler en GNU.org, polo que Triquel nunca incluirá software que non sexa libre na instalación por defecto.
Pero se pasamos por un momento da filosofía, e poñémonos prácticos, incluir os drivers de ati ou nvidia en Trisquel suporía una violación da licencia GNU GPL2 baixo a que se distribúe o Kernel, e que prohibe a redistribución de binarios que incluan partes non libres no seu interior.
Pero non vos preocupedes. Somos conscientes da incomodidade de instalar estes drivers, polo que en Trisguel 1.0 ou superior, será tan sinxelo como ir a web e facer click nun link. Trisquel descargarase os drivers, compilará o que sexa preciso, e reconfigurará as X11 automáticamente. Estamos a piques de publicar a nova versión.
Más información sobre la lista de distribución Trisquel-usuarios