[Trisquel-usuarios] Preguntas parvas...

Xoalde xoalde en yahoo.es
Mie Ene 3 16:37:45 CET 2007


Bueno, pois sabendo que faltan uns días para que saia a última versión de Trisquel, e que hai posibilidades de facer rular beryl, pola miña parte deixo a "moda-Ubuntu" e me subo ó carro da distro galega. E con tempo farei que o resto de compañeiros da oficina faga o mesmo.

Isto me leva a outro tema i é o seguinte: en principio non penso facer a migración ó 100%, e no mesmo ordenador deberán convivir Winxp e Trisquel. Me imaxino que saltará algún programiña para facer particións e tal ¿nonsí? Quizáis sería bó un pequeno tutorial para estas cousas, porque polo que sei fai falta reservar un espacio para swap, outro para \, que si leer arquivos en formato ntfs, recomendación de formato de arquivos para Trisquel... en fin, cousiñas que un novato coma mín debería saber antes de dar o gran salto hacia a liberdade :P

Ojalá no futuro Trisquel se afiance máis e máis en tódolos ámbitos.

Un saúdo e de novo moitas gracias pola túa atención.
ooo[]=:::::::>


Más información sobre la lista de distribución Trisquel-usuarios